Toro, Suso de

Unha rosa é unha rosa : unha comedia de medo / Suso de Toro - 7ª ed - Vigo :Edicións Xerais de Galicia ,1997 - 112 p. ;21cm - Centro Dramático Galego .

Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo) é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda crítica á sociedade contemporánea. A vella Rosa reparte a súa herencia en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. A vella Rosa é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en extrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que remate cunha inevitable hecatombe tráxica. Os diálogos chispeantes, a presencia da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo permanente coa televisión), e a crítica máis mordaz á sociedade da "comodidade e da ambición" fan desta traxicomedia de Suso de Toro unha lectura absolutamente recomendable.

1º-2º ESO 3º-4º ESO

9788483020999


Drama
Humor
Crítica social

821.134.4-2"19"