Miranda, Xosé

Pequena Mitoloxía de Galicia / Xosé Miranda - 1º - Vigo : Edicións Xerais de Galicia , 2022 - 152 p. : il. cor ; 20 cm - Seica .

As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros ou Brancaflor son só algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» onde, a través das súas páxinas, entrarás no mundo máxico das lendas e tradicións galegas.

As meigas, o Monte Pindo, os nubeiros, Brancaflor, os mouros, a herba de namorar, a Raíña Lupa, os moradores dos castros, o rato que leva os dentes das crianzas, a noite de San Xoán, as bruxas, o lobishome, os biosbardos, a estadea, o home do saco ou as cidades asolagadas son algúns dos habitantes desta «Pequena Mitoloxía de Galicia» escrita por Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba.As súas páxinas introdúcente nun mundo máxico, entre lóstregos salvaxes e paxaros de bo e mal agoiro, para que consigas roubar o peite da moura, para que recollas os carbóns que se converten nun tesouro e para que aprendas a sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos antes de que Pedro Chosco che pouse o sono na almofada.

5º-6º Primaria 1º-2º ESO

9788411101530


Divulgación
Curiosidades

257.6(460.11) 29