Usamos cookies para proporcionarlle os servizos que vostede solicita no noso sitio. Estos servizos incluen o inicio de sesión de usuario, configuración das preferencias de idioma e elementos de seguridade. Son esenciais para o correcto funcionamento da aplicación

Estou de acordo

Losada Galiñáns, Carlos (1966-)

Game over / Carlos Losada - 1ª ed. - Vigo : Xerais : IGAEM (Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais) , 2008 - 71 p. : il. cor ; 23 cm

II Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007.

Game over de Carlos Losada obtivo o Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2007. O xurado do certame salientou o interese do tema central da peza, o illamento ao que se someten na actualidade os pequenos enganchados ao mundo das pantallas. Así mesmo, destacou o interesante tratamento que se lle concede á violencia e a introdución da máquina como un dos personaxes. A presente edición, de Xerais e IGAEM, foi ilustrada por Fran Pedreira.

Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de "Game over". Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos.

5º-6º Primaria

9788445345832 (Xunta) 9788497827836 (Xerais)


Novas tecnoloxías
Videoxogos
Adicións

82-T

Coa tecnoloxía Koha