Mariño Alfonso, Xurxo

Os dados do reloxeiro : ciencia amena para mentes inquietas / Xurxo Mariño Alfonso ; [debuxos, Xosé Lois González (O Carrabouxo)] - 1ª - Santiago de Compostela :Consello da Cultura Galega, Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade ,2005 - 160 p :il. br. e n ;23cm - CIENCIA, TECNICA E SOCIEDADE .

Número de rexistro antíguo: 7170

Este libro é unha fermosa colección de reflexións persoais ofrecidas cun exemplar tratamento divulgativo no que teremos a ocasión de ver reflectidas moitas cuestións da vida común, tratadas dende unha óptica científica: esa óptica que fai máis libre ao seu posuidor, a quen emprega eses criterios para intentar comprender o entorno. Lonxe dos antigos medos que proporcionaba a crenza en meigallos, Xurxo Mariño lévanos ao estado de tranquilidade propio de quen coñece os mecanismos dos procesos que o rodean, mais sempre cunha teima moi concreta: poñer os coñecementos ao alcance de cadaquén, empregando palabras cotiás, exemplos accesibles, nunca baixando no rigor científico nin no nivel de coñecemento.
Salpicada polo humor de Xosé Lois, esta obra é unha viaxe ao mundo físico e biolóxico no que vivimos, un mundo gobernado polo azar dos dados lanzados por un reloxeiro chamado evolución.

8496530051


Ciencia--Obras de divulgación
Ciencia--Obras de divulgación
CIENCIAS


Ecoloxía
Evolución
Microbioloxía
Astrofísica
Física cuántica

001(035)