Aristóteles
Poética / Aristóteles - A Coruña : Baía , 1999 - 163 p.
Ed. bilíngüe
A poética de Aristóteles preséntase ante o lector contemporáneo como un documento capital en varios sentidos, primeiramente como modelo de teoría xeral da composición poética baseada na consideración empírica e na análise racional dos fenómenos literarios particulares; en segundo lugar, como exercicio de formalización de dous xéneros literários en concreto, a traxédia e a epopea, de grande importancia no sistema literario da Antigüidade e de ampla tradición nas diversas literaturas occidentais; por último, como fino exercicio de crítica literaria e mesmo estilística de diversos autores e obras da Grecia antiga. Sen lugar a dúbidas, a revisión das ideas aristotélicas sobre as claves da composición literaria, os efectos da obra de arte na sensibilidade estética do receptor ou a discusión da corrección política ou relixiosa como criterio de avaliación da obra poética ten un interese notabel tanto para os artistas contemporáneos como para os críticos e o público en xeral.
1º-2º BAC
9788489694972
82GR