Riveiro Coello, Antón

A voz do lago / Antón Riveiro Coello - 2007 - Vigo :Galaxia ,2007 - 108p ; 130 x 200 cm - Árbore .

Relato dun momento da vida da poeta galega María Mariño, dirixido ós lectores máis novos.

En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar. Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.

1º-2º ESO

978-84-8288-712-8


María Mariño


Biografía novelada
Misterio
Lendas

82 G