Minghella, Anthony

Cold mountain / Anthony Minghella - SPEAK UP - [Madrid] :Buena Vista Home Entertainment ,2004 - 1 disco (DVD) (ca. 152 min.) :son., col ;12cm

Adaptación de una novela de Charles Frazier

Cold Mountain percorre os camiños entrelazados de tres persoas desarragidas por culpa da guerra, tres persoas cuxa supervivencia física e espiritual remata dependendo das outras dúas. En primeiro lugar, está o soldado confederado Inman (Jude Law) que resulta ferido nunha batalla e loita para regresar ao seu fogar e á muller que ama, aínda que teña que atravesar todo un país en guerra. Mentres vai en busca da súa amada Ada (Nicole Kidman) animado polos seus recordos, Inman crúzase con escravos e rebeldes, foxe de soldados e cazarrecompensas e fai amigos extraordinarios e inimigos perigosos en cada revolta do camiño. A viaxe paralela de fe e coraxe de Ada tampouco é un camiño de rosas. É unha muller dunha familia acomodada que por primeira vez na súa vida ten que enfrontase soa un mundo perigoso, sen ninguén que o acompañe e sen coñecer a vida real. Ademais, vese obrigada a protexer a granxa do seu pai da ruína e os saqueos. Unha alegre moinante de nome Ruby (Renee Zellweger) acode ao rescate de Ada e convértese noutro factor clave da historia. Ruby ábrelle os ollos a Ada, mostrándolle o que é a coraxe, a valerse por si mesma e revélalle un sorprendente mundo que Ada nunca vira antes.



8436534532397


791


Guerra secesión americana
Educación en valores
Drama romántico
Amizade

71