Caride Ogando, Ramón

O frío azul / Ramón Caride Ogando - 1ª ed. - Santiago de Compostela :Urco Editora ,2015 - 129 p. ;21 cm.

Premio Manuel Lueiro Rey de Novela Curta. A versión castelá obtivo o Premio de literatura fantástica " El templo de las Mil Puertas"

O frío azul é un relato desacougante, que nos leva ao corazón de Ourense, onde se ergue impoñente e siandeiro o Mosteiro de Oseira. Até alí chega un viaxeiro desafiando a nevarada. Carrexa consigo unha misteriosa bagaxe, a fonda tristeza do seu espírito mancado e, sobre todo, a ansia por coñecer a calquera prezo a razón da insólita desventura que agocha. Aos poucos, paseniño, a monotonía tépeda da pedra e a rutina dos ritmos monacais irán minando a súa afouteza.

3º-4º ESO

9788415699187


fantasía
viaxes
novela histórica

821.134.4-31"20" 82 N

Coa tecnoloxía Koha