Alonso, Fran

Poemas birollos para ler cos ollos / Fran Alonso - 1º - Vigo :XERAIS ,2016 - 70 p ; il, - Sopa de libros ;59 .

Poemas birollos para ler cos ollos é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía. Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprendente e modernizadora. O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade dos rapaces de hoxe.

1º-2º ESO

978-84-9121-052-8


Humor
Poesía

810