Calveiro, Marcos

O xardineiro dos ingleses / Marcos Calveiro - 2º - Vigo :Galaxia ,2018 - 440 p ; 135 x 210 - Literaria ;365 .

Premio García Barros 2017.
Cunha prosa áxil, protagonistas de carne e óso, e unha trama que zigzaguea entre os principais acontecementos históricos europeos, Marcos Calveiro consegue a súa obra máis lograda, de lectura apaixonante e chea de sucesos inesperados. Unha novela sobre a busca de liberdade. Sobre a xustiza e a capacidade para enfrontarse ao fado da historia.

Vilagarcía, principios do século XX. O destino dos mariñeiros ingleses e alemáns crúzase coas arelas de liberdade dunha moza que intenta ceibarse das estreitezas e ataduras da Galicia daquel tempo. Moitos anos despois, no Cemiterio dos Ingleses só queda unha tumba anónima, a número un. Alí agarda o misterio final, o dese sartego e o seu descoñecido ocupante. O enigma que arrodea a vida de Delia Cores e do seu fillo Edelmiro, o xardineiro dos ingleses.

1º-2º BAC

9788491510857


II Guerra Mundial
Misterio
Nazismo
Novela histórica


Galicia

82G

Coa tecnoloxía Koha