Lista, Suso 1962-

Xeixos / Suso Lista - 1ª ed. - [Ferrol, A Coruña] : Embora, 2015. - 108 p. ; 21 cm.

Nestes trinta relatos ou pequenas crónicas dun Corme que desvela o mundo enteiro, a sensatez non é un valor que nos compense dos absurdos punzantes da vida... Polo contrario, é un fundamento a partir do cal apuntan, atolados, os soños que todo o confunden, que todo o clarifican...

Quen, tras ter lido estas belas crónicas, lle poderá negar a Suso Lista un lugar cimeiro nas nosas letras?

Moi duro debe resultar o inverno en Corme para que o seu cronista principal sexa un percebeiro que un bo día, vendo a resignación da xente na terra, decidiu ollar para este lado e contarnos o que acontecía.

A normalidade nunca parece cousa desta parte do mundo, adestrada no vicio da réplica... “Só no fondo do mar nunca chove. Nin hai vento”.

1º-2º ESO

9788416456024


Vida cotiá

821.134.4-32"19" X

Coa tecnoloxía Koha