Salgado, Daniel (1981-)

Os paxaros e outros poemas / Daniel Salgado - 1ª ed. - Vigo : Xerais , 2021 - 51 p. ; 22 cm - Poesía ; 69 .

"Os paxaros e outros poemas" é unha indagación e un dó, unha elexía e un axuste de contas, un pasmo e unha luz ferida. A escrita detense na materia. Trata da lama e do dereito á beleza. Investiga a textura interna da castaña e a absurda variación da morte. Hai política, sempre hai política, e un catálogo de paxaros, porque así se comprende mellor o delicado transo en que nos atopamos: os horizontes bórranse, a organización entra en crise, os significados resístense. Nese interregno, farto dos satisfeitos, intenta suceder o poema.

3º-4º ESO

9788491217947


Poesía
Natureza

821.134.4-1"20" 82-P