Conde, Alfredo

Xa vai o griffon no vento / Alfredo Conde - 2ª ed - Vigo :Galaxia ,1986 - 259 p ;20cm - Narrativa (Galaxia) ;55 .

historia do Griffón, mellor dito, as historias dos dous Martíns, o inquisidor en Galicia e o profesor en Aix Provence, discorren parellamante a través dunha realidade que inclúe outras realidades alternativas. É dicir, en Xa vai o Griffón no vento non todo é posible, tamén hai imposibles, e isto é o que eleva a obra á concepción de novela que eu e o propio autor lle escoitamos moitas veces a don Gonzalo Torrente Ballester: contar algo, real ou irreal, que lle aconteceu a alguén en algures. Nin máis nin menos, o máis difícil para un narrador. Non cabe dúbida de que estamos diante dunha obra abondo galardoada (Premio Blanco Amor, Premio da Crítica Española, Premio Nacional de Literatura...). Pero isto é tan importante como a súa traducción a outras linguas, no sentido de que o Griffón logrou acadar unha audiencia ampla, prestixiosa e internacional. Voltamos sobre o Griffón -obra detrás da que habería que salientar moitas lecturas de atención e de traballo, moita reflexión creativa e lingüística- dezaoito anos despois de que Alfredo Conde vira a súa novela impresa por vez primeira. Foi en Sada, no transcurso dunha cea onde habiamos moi poucos da parroquia literaria. Sen embargo, o Griffón segue a avantar triunfante pola terra e polo vento, transcendendo o tempo e a palabra.

3º-4º ESO

8483023377


Fantaxía
Aventuras
Misterio
Tolerancia

869.9-31"19"

Coa tecnoloxía Koha