Rubín, David (1977-)

O lume / David Rubín - 1ª ed. - A Coruña : Demo Editorial , 2022 - 252 p. : il. Cartoné. ; 31 cm - Hainos ; 9 .

Un inmenso asteroide aproxímase á Terra en traxectoria de colisión. Alexander Yorba, un afamado arquitecto de mediana idade, é o encargado de idear e levantar con urxencia unha colonia lunar para asegurar a pervivencia da humanidade #ante o inevitable desastre.

Inmerso na devandita construción, diagnostícaselle un tumor cerebral en fase terminal; apenas lle restan de vida os mesmos meses que faltan para que o asteroide choque co noso planeta. Este dramático feito fará que se reformule a súa propia natureza profesional e persoal, o que lle leva a renunciar aos seus labores na colonia para reunirse coa súa familia, coa que apenas tiña contacto.

Unha decisión que desencadeará unha serie de fatídicos acontecementos que danarán o crédito profesional e a vida familiar de Alexander, condenándoo a vagar nunha dramática, visceral e reveladora odisea por diferentes lugares do mundo; unha desesperada carreira cara ao fin dos tempos, contra a morte, a tolemia e a súa propia e atormentada conciencia.

1º-2º BAC

9788412612004


Banda deseñada
Fantasía
Ciencia ficción
Acción
Apocalipse

821.134.2-91"20" 82-36

Coa tecnoloxía Koha