Síbaris / Domingo Villar
by Villar, Domingo (1971-2022) [Author]; López Silva, Inma [Author of introduction].
Type: BookSeries: Nuevos tiempos ; 521.Publisher: Madrid : Siruela , 2023 Edition: 1º.Description: 149 p. ; 22 cm.ISBN: 9788419744425.Subject(s): Humor | Comedia | TeatroOnline resources: Click here to access online Abstract: «Domingo Villar definiu a súa obra teatral como unha comedia. O espazo, perfectamente detallado nunha anotación ad hoc ao principio da peza, permítenos concretar un pouco máis o xénero: comedia de salón, quizais, ou mesmo comedia burguesa. Pero a trama, baseada nunha intriga sobre a falta de inspiración do protagonista e a súa vontade de desaparecer aproveitando un morto moi oportuno, oriéntannos á comedia negra. Como sexa, o ritmo rápido, o enredo máis ou menos complicado, e a intención de facer rir mediante a comparecencia de gags e enxeñosas liñas de diálogo que fan entrar e saír aos personaxes da súa tendencia ao estereotipo converten esta peza de Villar nunha obra tan interesante dramaturxicamente como divertida para o público. Iso é Síbaris: un refuxio definido na peza como unha tranquila praia de Grecia, esa que figura nos soños de evasión de cada espectador que, como o seu protagonista, tamén necesita un lugar onde fuxir da vida cotiá que, absurdamente, avanza esquivando esa verdade que só achegan os soños e as artes». Do prólogo de Inma López SilvaItem type | Current location | Call number | Status | Notes | Date due | Barcode | Item data |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Fernando Esquío Sala préstamo | 82E VIL síb | Available | CED007000022460 |
|
«Domingo Villar definiu a súa obra teatral como unha comedia. O espazo, perfectamente detallado nunha anotación ad hoc ao principio da peza, permítenos concretar un pouco máis o xénero: comedia de salón, quizais, ou mesmo comedia burguesa. Pero a trama, baseada nunha intriga sobre a falta de inspiración do protagonista e a súa vontade de desaparecer aproveitando un morto moi oportuno, oriéntannos á comedia negra. Como sexa, o ritmo rápido, o enredo máis ou menos complicado, e a intención de facer rir mediante a comparecencia de gags e enxeñosas liñas de diálogo que fan entrar e saír aos personaxes da súa tendencia ao estereotipo converten esta peza de Villar nunha obra tan interesante dramaturxicamente como divertida para o público.
Iso é Síbaris: un refuxio definido na peza como unha tranquila praia de Grecia, esa que figura nos soños de evasión de cada espectador que, como o seu protagonista, tamén necesita un lugar onde fuxir da vida cotiá que, absurdamente, avanza esquivando esa verdade que só achegan os soños e as artes».
Do prólogo de Inma López Silva
1º-2º BAC