As chaves do tempo / Luisa Villalta
por Villalta, Luisa [autor/a].
Tipo: LibroSeries: Froita do tempo ;3.Editor: [Vigo] :A Nosa Terra ,2001 Edición: 2ª ed.Descrición: 125 p ;17cm.ISBN: 8495350718.Materia(s): Igualdade | Traizón | Drama | Amor | Relato históricoResumo: "Silencio me chaman porque neste tempo en que vivo non se me escoita”. Así comeza As chaves do tempo, o texto de Luísa Villalta publicado en 2001 por Promocións Culturais Galegas. A narración arranca “nos tempos en que había reis na Galiza” e chega ao presente desenvolvendo unha trama en que o amor, a lealdade, o medo, a ambición, a submisión, a traizón, a censura, as falsas noticias e, tamén, as arelas de concordia e de xustiza son elementos que marcan os protagonistas da historia a nivel particular mais que se proxectan tamén a nivel social e político desde aquel tempo pasado a este en que habitamos. As chaves de que nos fala Luísa Villalta, feitas polo propio Merlín, só serven para abrir, nunca para fechar. Son chaves coas que poderemos abrir máis futuro para a lingua ou para un aproveitamento racional dos nosos recursos; para o desenvolvemento industrial e para a produción ecolóxica; para a diversidade sexual ou o empoderamento das mulleres. A nós, leitoras e leitores desa historia, é que se dirixe a voz narradora convidándonos a que, aprendendo dos veraces feitos narrados, sexamos quen de “abrir ao futuro o reino que un día perdemos” utilizando as chaves que cada un e cada unha de nós temos. Porque só a nós nos pertencen as chaves do tempo e con elas podemos transformar a realidade. Utilizade a chave que tedes.Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Fernando Esquío Sala préstamo | 82G VIL cha | 1 | Dispoñible | CED007000009173 |
|
||
Prestable | IES Fernando Esquío Sala préstamo | 82G VIL cha | 1 | Dispoñible | CED007000008073 |
|
||
Prestable | IES Fernando Esquío Sala préstamo | 82G VIL cha | 1 | Dispoñible | CED007000007915 |
|
||
Prestable | IES Fernando Esquío Sala préstamo | 82G VIL cha | 1 | Dispoñible | CED007000008068 |
|
ED. SECUNDARIA
"Silencio me chaman porque neste tempo en que vivo non se me escoita”. Así comeza As chaves do tempo, o texto de Luísa Villalta publicado en 2001 por Promocións Culturais Galegas.
A narración arranca “nos tempos en que había reis na Galiza” e chega ao presente desenvolvendo unha trama en que o amor, a lealdade, o medo, a ambición, a submisión, a traizón, a censura, as falsas noticias e, tamén, as arelas de concordia e de xustiza son elementos que marcan os protagonistas da historia a nivel particular mais que se proxectan tamén a nivel social e político desde aquel tempo pasado a este en que habitamos. As chaves de que nos fala Luísa Villalta, feitas polo propio Merlín, só serven para abrir, nunca para fechar. Son chaves coas que poderemos abrir máis futuro para a lingua ou para un aproveitamento racional dos nosos recursos; para o desenvolvemento industrial e para a produción ecolóxica; para a diversidade sexual ou o empoderamento das mulleres.
A nós, leitoras e leitores desa historia, é que se dirixe a voz narradora convidándonos a que, aprendendo dos veraces feitos narrados, sexamos quen de “abrir ao futuro o reino que un día perdemos” utilizando as chaves que cada un e cada unha de nós temos. Porque só a nós nos pertencen as chaves do tempo e con elas podemos transformar a realidade. Utilizade a chave que tedes.
1º-2º BAC