Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Fantasmas de luz / Agustín Fernández Paz

por Fernández Paz, Agustín [autor/a]; Prado, Miguelanxo [ilustrador/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Vigo :Xerais ,2011 Edición: 1ª ed.Descrición: 190 p ;22cm.ISBN: 9788499141688.Materia(s): Misterio | Cine | Drama | Exclusión social | SuperaciónRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
Contido:
Como ocorre nos DVD, tras a narración aparecen seis «Tomas extra», relatos que amplían, iluminan e dan unha perspectiva nova sobre feitos e personaxes da novela. Ademais, no anexo titulado «As películas da novela» inclúense as fichas das 52 películas que se citan no libro, comentadas polo autor.
Resumo: Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
82G FER fan Dispoñible CED007000021399
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
82G FER fan 1 Dispoñible CED007000014184
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
82G FER fan 1 Dispoñible CED007000014183

Premio AELG ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil, 2012 - Premio da Critica Galicia de Creación Literaria, 2012

Como ocorre nos DVD, tras a narración aparecen seis «Tomas extra», relatos que amplían, iluminan e dan unha perspectiva nova sobre feitos e personaxes da novela. Ademais, no anexo titulado «As películas da novela» inclúense as fichas das 52 películas que se citan no libro, comentadas polo autor.

Desde hai trinta e cinco anos, Damián traballa como operador de cabina no mellor cine da cidade. Cando recibe a noticia de que a sala vai desaparecer e que todos os empregados serán despedidos, a súa vida experimenta un cambio extraordinario que tamén afecta a Marga, a súa dona. Dun xeito progresivo, os seus corpos comezan a se volver transparentes, invisibles aos ollos das persoas que viven ao seu redor.Empregando recursos da novela fantástica e combinando o suspense cunha delicada melancolía, Fantasmas de luz fálanos dun dos grandes dramas contemporáneos: o da exclusión e a invisibilidade a que se ve sometida unha parte da sociedade.Fantasmas de luz tamén quere ser unha homenaxe ao cine, tanto ás vellas salas que foron esmorecendo como ás grandes películas que, sen ser a vida mesma, «axudan a entendela e enchen de esperanza o corazón».

1º-2º BAC

Coa tecnoloxía Koha