Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Sete chaves para abrir os soños / Alfredo Gómez Cerdá

por Gómez Cerdá, Alfredo (1951-) [autor/a]; Pintor, David [ilustrador/a]; Soto, Isabel [tradutor/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroEditor: Pontevedra : Kalandraka , 2020 Edición: 1ª ed.Descrición: 106 p. : il. cor ; 25 cm.ISBN: 9788413430249.Materia(s): Escritores | EscritorasRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña
Contido:
A fiestra de Rodari Os prodixios de Tomi Ungerer Astrid Lindgren e as trenzas de Pippi O baúl de Juan Farias A lata de conservas de Christine Nöstingler Os vampiros de Roald Dahl A moto de Gloria Fuertes
Resumo: Hai autoras e autores que, ademais de escribir libros, poden chegar a cambiar a vida das súas lectoras e lectores e a se converter en mitos. Teñen un don e levan nas súas mans a chave máxica para nos adentrar no mundo dos soños máis fermosos. Sete deles habitan nestas páxinas. Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes protagonizan sete relatos, un número máxico para outras tantas figuras esenciais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. Esta homenaxe narrativa de Alfredo Gómez Cerdá está elaborada cos ingredientes que os propios personaxes cultivaron ao longo da súa traxectoria: fantasía e creatividade. Trala anécdota que dá lugar a cada conto transloce un labor de documentación previo que anima os lectores a afondar na biografía e na obra destas autoras e autores. Ata o punto de que se difumina a fronteira entre realidade e ficción, como se estes episodios puidesen formar parte da súa vida e mesmo explicaran dalgún xeito a súa vocación literaria. Gianni Rodari é o artífice dunha xanela de evasión para unha nena ante un drama familiar. De Tomi Ungerer fascina a capacidade dos seus personaxes para intercambiarse nos seus propios libros. Astrid Lindgren exerce como activista ante as inxustizas sociais e as agresións medioambientais. Farias dános unha lección sobre o verdadeiramente importante na vida: a memoria, a amizade, o territorio que habitamos… Roald Dahl vive unha turbadora aventura en Transilvania da man dunha misteriosa e noctámbula dama. E no Madrid da escura posguerra, Gloria Fuertes recibe un inesperado agasallo duns pequenos e audaces veciños.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Notas Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
82G GOM set Dispoñible CED007000020371
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
82G GOM set Dispoñible CED007000020372
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
82G GOM set Prestado 01/02/2024 CED007000020373
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
82G GOM set Dispoñible CED007000020374
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
82G GOM set Dispoñible CED007000020375

As ilustracións de David Pintor transcenden a mera representación física dos personaxes; son figuras capaces de reflectir o seu calado humano e semellan estar tocadas por esa sorte de maxia que, a través dos seus libros, fixo soñar a milleiros de persoas no mundo.

Finalista Premio Fundación Cuatrogatos 2021.

A fiestra de Rodari
Os prodixios de Tomi Ungerer
Astrid Lindgren e as trenzas de Pippi
O baúl de Juan Farias
A lata de conservas de Christine Nöstingler
Os vampiros de Roald Dahl
A moto de Gloria Fuertes

Hai autoras e autores que, ademais de escribir libros, poden chegar a cambiar a vida das súas lectoras e lectores e a se converter en mitos. Teñen un don e levan nas súas mans a chave máxica para nos adentrar no mundo dos soños máis fermosos. Sete deles habitan nestas páxinas.

Gianni Rodari, Tomi Ungerer, Astrid Lindgren, Juan Farias, Christine Nöstlinger, Roald Dahl e Gloria Fuertes protagonizan sete relatos, un número máxico para outras tantas figuras esenciais na historia da Literatura Infantil e Xuvenil contemporánea. Esta homenaxe narrativa de Alfredo Gómez Cerdá está elaborada cos ingredientes que os propios personaxes cultivaron ao longo da súa traxectoria: fantasía e creatividade. Trala anécdota que dá lugar a cada conto transloce un labor de documentación previo que anima os lectores a afondar na biografía e na obra destas autoras e autores. Ata o punto de que se difumina a fronteira entre realidade e ficción, como se estes episodios puidesen formar parte da súa vida e mesmo explicaran dalgún xeito a súa vocación literaria.

Gianni Rodari é o artífice dunha xanela de evasión para unha nena ante un drama familiar. De Tomi Ungerer fascina a capacidade dos seus personaxes para intercambiarse nos seus propios libros. Astrid Lindgren exerce como activista ante as inxustizas sociais e as agresións medioambientais. Farias dános unha lección sobre o verdadeiramente importante na vida: a memoria, a amizade, o territorio que habitamos… Roald Dahl vive unha turbadora aventura en Transilvania da man dunha misteriosa e noctámbula dama. E no Madrid da escura posguerra, Gloria Fuertes recibe un inesperado agasallo duns pequenos e audaces veciños.

Coa tecnoloxía Koha