TY - BOOK AU - Fernández Paz, Agustín TI - A neve interminable T2 - Fóra de xogo, SN - 9788499148380 PY - 2021/// CY - Vigo PB - :Edicións Xerais de Galicia KW - Misterio KW - Escritores KW - Medo KW - Relacións persoais KW - Galicia N1 - BAC N2 - Un equipo de guionistas ?tres mulleres e dous homes? recibe a encarga de escribir os guións dunha futura serie de televisión que se titulará As fronteiras do medo. Para concentrarse no traballo, acordan recluírse nun hostal solitario, nas terras da Fonsagrada. É inverno, no hostal só viven o matrimonio que o rexenta e mais outros tres hóspedes. Ao terceiro día, comeza a nevar. Unha tormenta que semella non rematar nunca, que interrompe as comunicacións e o fluído eléctrico, e que os deixa illados do mundo. Mentres traballan nas historias da serie irán descubrindo que naquel hostal ninguén é quen aparenta ser e que un medo irrefreable comeza a filtrarse nas súas vidas. A neve interminable é unha novela onde o misterio ocupa un lugar central. Nela explóranse os medos esenciais do ser humano e tamén aqueloutros orixinados pola desorde mundial deste século XXI. Un libro esencial na obra de Agustín Fernández Paz que vinte anos despois dialoga con Cartas de inverno UR - http://www.xerais.es/libro.php?id=3924049 ER -