TY - ADVS AU - Niccol, Andrew AU - Hawke, Ethan AU - Niccol, Andrew AU - Vito, Danny de AU - Shamberg, Michael AU - Sher, Stacey AU - Thurman, Uma TI - Gattaca PY - 2008/// CY - Madrid PB - :distribuida por Sony Pictures Home Entertainment KW - Ciencia ficción KW - Clonación KW - Educación en valores KW - Superación KW - Investigación criminal KW - Amor N1 - Nacionalidad estadounidense; BAC N2 - No futuro, a maior parte dos nenos son concibidos in vitro e con técnicas de selección xenética. Vincent (Ethan Hawke) é un dos últimos nenos concibidos de modo natural, pero nace cunha deficiencia cardíaca pola cal non lle outorgan máis de trinta anos de vida. É un "non válido", alguén condenado a ocupar os postos menos gratos da sociedade. Pola contra, o seu irmán Anton recibe o mellor da carga xenética dos seus pais, o cal lle garantirá o acceso a infinidade de oportunidades. Dende neno, Vincent soña con ir ao espazo pero, pola súa condición de non válido, é consciente de que nunca poderá ser elixido faga o que faga. Durante anos exerce toda clase de traballos ata que un día contacta cun home que lle proporciona a chave para pasar á elite: adoptar a identidade de Jerome (Jude Law), un deportista válido que quedou paralítico por culpa dun accidente. Así Vincent poderá acceder á Corporación Gattaca, unha industria aeroespacial onde é seleccionado para unha misión a Titán. Para facer fronte ás constantes probas xenéticas ás que é sometido, deberá empregar intelixentemente as mostras de sangue e tecidos que Jerome lle prepara. Todo irá ben ata que o director da misión é asasinado e as consecuentes investigacións irán xerándolle dificultades para poder proseguir co seu plan UR - https://cinefesquio.blogspot.com/2014/01/gattaca.html ER -