Vista normal Vista MARC Vista ISBD

Dúas bágoas por Máquina / Fina Casalderrey

por Casalderrey, Fina [autor/a]; Rivas, Víctor [ilustrador/a].
Tipo: materialTypeLabelLibroSeries Merlín ;31.Editor: Vigo :Xerais ,2007 Edición: 12ª ed.Descrición: 113 p :il ;19cm.ISBN: 8483025655.Materia(s): Cans | Mascotas | Abandono | Amor polos animais | ValoresRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea. O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada. Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can, sen saber que fora del. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. A avoa, pola contra, tíñalle unha especial animadversión. Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo e van ó sitio onde o deixara, pero non dan con el. Un bo día, cando Xusta ía pilla-lo autobús, logo de escoitar comentarios no colexio dun can que vagabundeaba había dous días por alí, aparece Máquina correndo cara a ela. Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.
    valoración media: 0.0 (0 votos)

Este rexistro ten moitos ítems físicos (110). Faga clic aquí para velos todos.


Premio Merlín 1991

Xusta é unha nena que tiña un can chamado Máquina. Un bo día desaparece o can e pasan varios días sen que apareza. Xusta e o seu irmán Moncho arman un plano para ilo buscar, de xeito que non van á escola -un colexio nunha vila ó que van en autobús- e non conseguen dar con Máquina, aínda que si se monta un rebumbio impresionante no colexio, na súa familia e na aldea. O caso é que o can, que llo regalara seu pai nun aniversario, non era moi apreciado polo resto da familia e o propio pai, que quedara no paro, acabou por abandonalo nunha estrada. Ignorante durante moito tempo desta situación, Xusta segue devecendo polo seu can, sen saber que fora del. Dende que llo regalaran, unicamente o seu avó (xa morto) e mais ela apreciaban o can. A avoa, pola contra, tíñalle unha especial animadversión. Unha vez que descobre o abandono do can polo seu pai, este, arrepentido, trata de recuperalo e van ó sitio onde o deixara, pero non dan con el. Un bo día, cando Xusta ía pilla-lo autobús, logo de escoitar comentarios no colexio dun can que vagabundeaba había dous días por alí, aparece Máquina correndo cara a ela. Como remate, o can salva á avoa de ser atropelada por un coche pero morre na súa valente acción. Pasado o tempo, Xusta farase veterinaria e, na súa consulta, encol da mesa ten sempre unha foto de Máquina. Ningún can, dos moitos que tivo, chegou a ocupa-lo sitio de Máquina no seu corazón.

1º-2º ESO

5º-6º Primaria

Coa tecnoloxía Koha