Encanta se ri, conmove se chora : Caderno de traballo d'A rosa incandescente / Mª dos Anxos García Fonte
por García Fonte. Mª dos Anxos [autor/a]
; Fernández-Campoamor Fernández, Glafira [autor/a]
.
Tipo: 



Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Notas | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Fernando Esquío Sala préstamo | 81G GAR enc | Dispoñible | CED007000023005 |
|
Esta proposta didáctica pretende achegar a figura e a obra de Rosalía de Castro da man d´A rosa incandescente e dunha selección de textos en prosa e en verso da autora.
É unha mostra de como a literatura e as artes audiovisuais poden entrar nun diálogo arrequecedor e necesario, útil para a divulgación de coñecementos culturais e de experiencias artísticas.
As propostas de actividades e tarefas van agrupadas arredor de seis eixos temáticos que consideramos fundamentais na obra rosaliana. Con eles, quérese contribuír á reflexión sobre os valores cívicos e éticos presentes na obra da autora, así coma á análise do contexto histórico e social en que foi creada.
Cada unha das partes leva unha breve introdución á que segue unha variada proposta de exercicios e actividades en diferentes formatos: coméntanse escenas da curtametraxe; relaciónase a linguaxe literaria e a linguaxe audiovisual; propóñense actividades de busca, reelaboración de información; encárgase a produción de novos textos a imitación dos da autora; e analízanse os seus textos poéticos e ensaísticos.
Os textos de Rosalía de Castro reproducidos seguen versións adaptadas á lingua estándar actual, para facilitar a lectura; mais no caso daquelas actividades nas que se estuda precisamente as variantes lingüísticas da lingua de Rosalía, escóllense edicións que reproducen máis fielmente a orixinal da autora.
3º-4º ESO
1º-2º BAC