000 03350nam a2200361zi 4500
500 _a<p>Agasallo Concello Negreira ( 1&ordm; premio Club debate 2016)</p>
505 _aContén adicatoria do autor
630 _aFranquismo-Novelas
650 _aNARRACION
650 _aLITERATURA GALEGA
650 _aPolítica
_yS.XX
650 _aNOVELA NEGRA
650 _aHUMOR
650 _aLibros
_vNovelas
651 _aRecordos-Novelas
008 160202s2015 sp glg
017 _aVG 655-2015
020 _a9788499149417
080 1 _a821.134.4-3"19/20"
100 _aRivas, Manuel
_eaut
_9248
245 2 _aO último día de Terranova
_c/ Manuel Rivas
250 _a1ª ed
260 _aVigo
_b:Xerais de Galicia
_c,2015
300 _a250 p
_c;22cm
490 0 _aNarrativa
520 3 _aA libraría Terranova é un lugar diferente no planeta Terra, habitada por libros e almas, un escenario de amores e resistencia, un refuxio de náufragos da vida, un santuario de animais, un lugar de memoria e emoción, onde de súpeto aparece no escaparate o letreiro da Liquidación total de existencias por peche inminente. Cando chega o ultimato e se pon en marcha o proceso de desafiuzamento, Vicenzo, o libreiro, que arrastra as secuelas dunha doenza na infancia («O meu corpo é un manifesto!»), revive a propia historia e a da libraría, mentres tenta facer fronte á especulación e ao que el chama o Imperio do Baleiro.Terranova é un lugar de emoción e memoria. Foi porto de desembarco de libros descoñecidos ou prohibidos, unha especie de Ítaca entre Europa e América, un territorio de liberdade secreta no franquismo, onde as «botellas ao mar» do exilio retornan, en xeito de libros, en maletas e baúis de emigrantes. E será tamén o lugar de acollida para unha personaxe engaiolante, Garúa, unha moza exiliada arxentina, cuxa chegada transformará a vida de Terranova en tempos da chamada Transición, aínda perigosos e de gran incerteza histórica. Galicia, Bos Aires, Madrid, París, Lisboa..., xunto ao Pulmón de Aceiro, a Cámara Estenopeica, a Terra Escondida, a Memoria Profunda, o Faro e a Liña do Horizonte, son territorios e espazos reais que tamén pertencen á xeografía íntima da libraría Terranova. O último día de Terranova é unha novela de enxeño multiforme onde conflúen os xéneros literarios entrelazándose a serie negra, o humor da poética surrealista mesturado co da oralidade popular, e un realismo tan a rentes do chan como transcendente. A libraría Terranova converterase para quen entre nela nun lugar inesquecíbel.
521 2 _aBAC
700 _aGómez Gil, Ricardo (
_96671
700 _aGómez Gil, Ricardo (
_96671
856 4 0 _uhttps://www.xerais.gal/libro.php?id=3594664
997 _e2