Campanella, Juan José

El secreto de sus ojos / Juan José Campanella - Barcelona :Cameo Media ,2009 - 1 disco (DVD) (ca. 125 min.) :col. ;12cm

Benxamín Espósito acaba de xubilarse despois de traballar toda unha vida como empregado nun Xulgado Penal. Para ocupar o seu tempo libre decide escribir unha novela, baseada nunha historia real da que foi testemuña e protagonista. A novela que escribe é, en aparencia, a historia dun asasinato acontecido en Bos Aires en 1974, e da investigación para achar o culpable. Pero unha vez aberta a porta dese pasado ao propio Espósito volveráselle imposible pechala. Primeiro, porque a turbulenta Arxentina de entón se coa na vida dos personaxes, coa súa carga de violencia e de morte.

E, sobre todo porque aínda que Espósito supoña que a historia que tece fala unicamente do pasado, a súa busca ilumina dun modo descarnado a súa propia vida e o seu presente, e o pon de fronte cun dilema de amor que o obsesiona dende hai demasiado tempo. Reconstruír o pasado conducirao a mergullarse nos seus propios sentimentos, as súas propias condutas e decisións. E achar a verdade rematará por converterse non nun obxectivo literario, senón na chave que lle permita abrir a porta para vivir o resto da súa vida.




8436534532861


Educación en valores
Violencia de xénero
Investigación policial

791.221.5(086.8) 791.221.3/.4(086.8)

Coa tecnoloxía Koha