Vista normal Vista MARC Vista ISBD

El secreto de sus ojos / Juan José Campanella

por Campanella, Juan José [director/a de cine]; Rago, Pablo [actor/actriz]; Villamil, Soledad [actor/actriz]; Darín, Ricardo [actor/actriz].
Tipo: materialTypeLabelMaterial visualEditor: Barcelona :Cameo Media ,2009 Descrición: 1 disco (DVD) (ca. 125 min.) :col. ;12cm.Materia(s): Educación en valores | Violencia de xénero | Investigación policialRecursos en liña: Faga clic para acceso en liña Resumo: Benxamín Espósito acaba de xubilarse despois de traballar toda unha vida como empregado nun Xulgado Penal. Para ocupar o seu tempo libre decide escribir unha novela, baseada nunha historia real da que foi testemuña e protagonista. A novela que escribe é, en aparencia, a historia dun asasinato acontecido en Bos Aires en 1974, e da investigación para achar o culpable. Pero unha vez aberta a porta dese pasado ao propio Espósito volveráselle imposible pechala. Primeiro, porque a turbulenta Arxentina de entón se coa na vida dos personaxes, coa súa carga de violencia e de morte. E, sobre todo porque aínda que Espósito supoña que a historia que tece fala unicamente do pasado, a súa busca ilumina dun modo descarnado a súa propia vida e o seu presente, e o pon de fronte cun dilema de amor que o obsesiona dende hai demasiado tempo. Reconstruír o pasado conducirao a mergullarse nos seus propios sentimentos, as súas propias condutas e decisións. E achar a verdade rematará por converterse non nun obxectivo literario, senón na chave que lle permita abrir a porta para vivir o resto da súa vida.
    valoración media: 0.0 (0 votos)
Tipo de ítem Localización actual Sinatura topográfica Número de volume Dispoñibilidade Data de vencemento Código de barras Datos do exemplar
Prestable IES Fernando Esquío
Sala préstamo
71 CAM sec 1 Dispoñible CED007000015120

Benxamín Espósito acaba de xubilarse despois de traballar toda unha vida como empregado nun Xulgado Penal. Para ocupar o seu tempo libre decide escribir unha novela, baseada nunha historia real da que foi testemuña e protagonista. A novela que escribe é, en aparencia, a historia dun asasinato acontecido en Bos Aires en 1974, e da investigación para achar o culpable. Pero unha vez aberta a porta dese pasado ao propio Espósito volveráselle imposible pechala. Primeiro, porque a turbulenta Arxentina de entón se coa na vida dos personaxes, coa súa carga de violencia e de morte.

E, sobre todo porque aínda que Espósito supoña que a historia que tece fala unicamente do pasado, a súa busca ilumina dun modo descarnado a súa propia vida e o seu presente, e o pon de fronte cun dilema de amor que o obsesiona dende hai demasiado tempo. Reconstruír o pasado conducirao a mergullarse nos seus propios sentimentos, as súas propias condutas e decisións. E achar a verdade rematará por converterse non nun obxectivo literario, senón na chave que lle permita abrir a porta para vivir o resto da súa vida.

Faga clic na imaxen para vela no visor de imáxenes

Coa tecnoloxía Koha